Volbeat | |
---|---|
Volbeat en 2013 | |
Orixe | Copenhaguen, Dinamarca, |
Período | 2000-presente |
Xénero(s) | heavy metal, hard rock, groove metal, rockabilly, blues rock, rock and roll |
Selo(s) discográfico(s) | Rebel Monster Records Mascot Records Vertigo Records Universal Records |
Membros | Michael Poulsen Anders Kjølholm Jon Larsen Rob Caggiano |
Antigos membros | Franz Gottschalk Teddy Vang Thomas Bredahl |
Na rede | |
http://www.volbeat.dk/ | |
Volbeat é unha banda de rock danesa formada en Copenhague. Tocan unha fusión de rock and roll, heavy metal, punk e rockabilly. Están inspirados por lendas do rock 'n' roll clásicas coma Elvis Presley ou Johnny Cash, e por bandas de hard rock, punk rock e heavy metal coma AC/DC, Social Distortion, The Misfits, Napalm Death e Metallica.[1] Os seus membros son o vocalista e guitarrista Michael Poulsen, o guitarrista Rob Caggiano, o baixista Anders Kjølholm e o batería Jon Larsen. A banda asinou co selo holandés Mascot Records e publicou cinco álbums de estudio e un DVD. Todos os seus álbums foron disco de ouro en Dinamarca. A súa segunda publicación Rock the Rebel / Metal the Devil recibiu o disco de platino, e Beyond Hell / Above Heaven, publicado en 2010, recibiu disco dobre de platino en Dinamarca, platino en Finlandia e Alemaña, e ouro en Suecia e Austria. O quinto álbum de Volbeat, Outlaw Gentlemen & Shady Ladies, foi publicado mundialmente o 9 de abril de 2013.